[BAH-Estrecho] [Bah-general] Nace 13 editora, libros que cambian o mundo... en galego
13editora en 13editora.org
13editora en 13editora.org
Jue Dic 10 15:11:33 CET 2020
None [1]
Moi boa tarde.
Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que hoxe 10 de decembro , terá lugar a presentación pública de 13 Editora , un proxecto editorial independente e sen ánimo de lucro destinado á difusión de ferramentas de formación e capacitación no eido do activismo e o pensamento crítico. Debido ás restricións vixentes pola COVID-19, o lanzamento da editora farase de xeito virtual, a través das redes de 13 Editora e ECOAR))), o proxecto matriz no que se enmarca a editora. Os materiais preparados para o evento serán publicados ás 20:00h.
En concreto, nas diferentes redes e canles de 13 Editora e ECOAR))) publicaranse diversos textos e pezas audiovisuais con toda a información sobre o traballo da editora. As persoas interesadas que consulten as nosas redes (Facebook, Instagram) e a canle de YouTube poderán coñecer mellor o proxecto, e saberán máis sobre os títulos xa publicados, os materiais editoriais complementarios e os lanzamentos previstos para un futuro próximo.
O lanzamento da editora complétase coa apertura da tenda online de ECOAR))) , na que estarán dispoñibles, dende o mesmo día 10, os títulos publicados até o de agora no marco deste proxecto. O primeiro título editado é o Manual para Campañas Non-Violentas , unha obra escrita no ano 2010 pola Internacional de Resistentes á Guerra co obxectivo de achegar á cidadanía información tanto teórica como práctica sobre o exercicio da non-violencia activa como forma de loita. O segundo libro editado para este lanzamento é As múltiples caras de Anonymous , de Gabriella Coleman; unha obra que explica con claridade e dinamismo a historia, ética e actuación deste colectivo.
Queremos aproveitar esta oportunidade para amosar o noso profundo agradecemento a todas as persoas que fixeron posible que este proxecto saia adiante.
Que: * Lanzamento virtual de 13 Editora. *
Cando:*Xoves 10 de decembro, ás 20:00h.
Onde:*A través das redes sociais e a páxina web de 13 Editora.
Facebook [2]
Instagram [3]
YouTube [4]
Páxina web [5]
Animámosvos a asomarvos polo ollo da fechadura. Vémonos nas redes!
Un afectuoso saúdo,*
13 Editora
*
Baja suscripción [6] | Contacto [7] None [8]
[1] https://odoo.ecoarglobal.org/r/5nM/m/124
[2] https://odoo.ecoarglobal.org/r/XJw/m/124
[3] https://odoo.ecoarglobal.org/r/uh6/m/124
[4] https://odoo.ecoarglobal.org/r/hic/m/124
[5] https://odoo.ecoarglobal.org/r/5nM/m/124
[6] https://odoo.ecoarglobal.org/unsubscribe_from_list
[7] https://odoo.ecoarglobal.org/r/D4c/m/124
[8] https://odoo.ecoarglobal.org/r/ugA/m/124
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: <https://lists.ourproject.org/pipermail/bah-estrecho/attachments/20201210/47c15141/attachment-0001.html>
------------ próxima parte ------------
_______________________________________________
Bah-general mailing list
Bah-general en lists.ourproject.org
https://lists.ourproject.org/cgi-bin/mailman/listinfo/bah-general
Más información sobre la lista de distribución BAH-Estrecho