[Bah-guinda] [Bah-general] Escoliña de Vilar - No camiño a acadar o óptimo!

escolinhadevilar en riseup.net escolinhadevilar en riseup.net
Vie Abr 29 22:35:27 CEST 2016


Ola, moi boas: 

Volvemos escribirche cando XA LEVAMOS 30 DÍAS DE CAMPAÑA DO PROXECTO
ESCOLIÑA DE VILAR [1] e despois de vivir experiencias que nos sitúan
ante unha nova perspectiva. Neste tempo vivimos momentos de todo tipo.
Primeiro o vértigo e a incertidumbre ante o que se nos viña enriba. Logo
euforia ao ver que era posible materializar o noso soño. Despois viu a
acumulación de traballo, as treboadas emocionais, os esgotamentos e a
astenia primaveral. A un tempo que medraba o sentimento de
responsabilidade hacia o proxecto e as persoas que dalgún xeito o
fixestes voso. 

Agora sabemos que nos queda moito e importante traballo por diante.
Estamos moi perto de acadar o suficiente para ter un espazo dotado do
mínimo: chans, fiestras, teito... GRAZAS A TODAS AS QUE ESTADES
COLABORANDO CONNOSCO e, máis concretamente, ás máis de 190 persoas que
fixeron a súa achega económica. 

Pero para que a escoliña conte co básico (calor, electricidade, auga
quente, cociña, baño...)... 

AÍNDA FALTAN 14.000€ MÁIS. SEGUIMOS A PRECISAR DA TÚA AXUDA [1]. 

A túa achega [2], por pequena que pareza, é MOI IMPORTANTE. 

PRECISAMOS CHEGAR MÁIS E A MÁIS XENTE. Precisamos que se coñeza mellor o
proxecto, o seu contexto, a historia, os desexos e os soños, o valor das
complicidades, das capacidades colectivas. É o tempo das colaboracións e
contamos contigo para que nos axudes a motivar a máis xente. 

No noso blogue [3] queremos reflexar todas as vosas achegas que en forma
de TEXTOS, VIDEOS, IMAXES OU CALQUEIRA OUTRA EXPRESIÓN nos fagades
chegar. Anímate, exprésate dende a túa perspectiva cotiá. 

Pretendemos incorporar a maior diversidade de visións, dende distintos
eidos de reflexión e acción na procura dunha sociedade máis consciente e
equitativa. 

Sigue, complementa e interactúa co blogue [3]. 

Mestre Pipo xa nos mandou un precioso agasallo [4] e aquí tes un
extracto. 

_Dende Fornelos de Montes..._ 

_"Actualmente xa chegou a necesidade dun espazo educativo propio, non
dependente, próximo, sito __na súa propia realidade xeográfica e socio­
cultural que é galega, interxeneracional, por eles e elas __ideado,
bioconstruído, executado e xestionado, para que máis unha nova fornada
de neníus __pequeníus poidan ser educad en s no modelo no que cren; o do
respeto, o do ritmo de cada quen, o __da creatividade, o do novo enfoque
social sen aillamento da realidade...; o modelo dos que cremos __no
Pensa global, actúa local."_ 

BICOS, SAÚDE, TERRA E LIBERDADE!

  

Links:
------
[1] https://gl.goteo.org/project/escolina-de-vilar
[2] https://gl.goteo.org/invest/escolina-de-vilar
[3] https://creando.noblogs.org/blog/
[4]
https://creando.noblogs.org/post/2016/04/11/dende-fornelos-de-montes/
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: <https://lists.ourproject.org/pipermail/bah-guinda/attachments/20160429/616a2f82/attachment.html>
------------ próxima parte ------------
_______________________________________________
Bah-general mailing list
Bah-general en lists.ourproject.org
https://lists.ourproject.org/cgi-bin/mailman/listinfo/bah-general


Más información sobre la lista de distribución Bah-guinda