<html><head><meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" /></head><body style='font-size: 10pt; font-family: Verdana,Geneva,sans-serif'>
<p style="text-align: left;"><span style="text-decoration: underline;"></span>Ola, moi boas:</p>
<p style="text-align: left;">Volvemos escribirche cando <strong>xa levamos 30 días de campaña do <a href="https://gl.goteo.org/project/escolina-de-vilar">proxecto escoliña de Vilar</a></strong> e despois de vivir experiencias que nos sitúan ante unha nova perspectiva. Neste tempo vivimos momentos de todo tipo. Primeiro o vértigo e a incertidumbre ante o que se nos viña enriba. Logo euforia ao ver que era posible materializar o noso soño. Despois viu a acumulación de traballo, as treboadas emocionais, os esgotamentos e a astenia primaveral. A un tempo que medraba o sentimento de responsabilidade hacia o proxecto e as persoas que dalgún xeito o fixestes voso.</p>
<p style="text-align: left;">Agora sabemos que nos queda moito e importante traballo por diante. Estamos moi perto de acadar o suficiente para ter un espazo dotado do mínimo: chans, fiestras, teito... <strong>Grazas a todas as que </strong><strong>estades colaborando connosco</strong> e, máis concretamente, ás máis de 190 persoas que fixeron a súa achega económica.</p>
<p style="text-align: left;"> </p>
<p style="text-align: left;">Pero para que a escoliña conte co básico (calor, electricidade, auga quente, cociña, baño...)...</p>
<p style="text-align: left;"><strong>AÍNDA FALTAN 14.000€ MÁIS. SEGUIMOS A PRECISAR DA TÚA <a href="https://gl.goteo.org/project/escolina-de-vilar">AXUDA</a>.</strong></p>
<p style="text-align: left;">A túa <a href="https://gl.goteo.org/invest/escolina-de-vilar">achega</a>, por pequena que pareza, é <strong>moi importante</strong>.</p>
<p style="text-align: left;"> </p>
<p style="text-align: left;"><strong>Precisamos chegar máis e a máis xente</strong>. Precisamos que se coñeza mellor o proxecto, o seu contexto, a historia, os desexos e os soños, o valor das complicidades, das capacidades colectivas. É o tempo das colaboracións e contamos contigo para que nos axudes a motivar a máis xente.</p>
<p style="text-align: left;">No noso <a href="https://creando.noblogs.org/blog/">blogue</a> queremos reflexar todas as vosas achegas que en forma de <strong>textos, videos, imaxes </strong><strong>ou calqueira outra expresión</strong> nos fagades chegar. Anímate, exprésate dende a túa perspectiva cotiá.</p>
<p style="text-align: left;">Pretendemos incorporar a maior diversidade de visións, dende distintos eidos de reflexión e acción na procura dunha sociedade máis consciente e equitativa.</p>
<p style="text-align: left;">Sigue, complementa e interactúa co <a href="https://creando.noblogs.org/blog/">blogue</a>.</p>
<p style="text-align: left;">Mestre Pipo xa nos mandou un <a href="https://creando.noblogs.org/post/2016/04/11/dende-fornelos-de-montes/">precioso agasallo</a> e aquí tes un extracto.</p>
<p style="padding-left: 30px; text-align: left;"><em>Dende Fornelos de Montes...</em></p>
<p style="padding-left: 30px; text-align: left;"><em>“Actualmente xa chegou a necesidade dun espazo educativo propio, non dependente, próximo, sito </em><em>na súa propia realidade xeográfica e socio cultural que é galega, interxeneracional, por eles e elas </em><em>ideado, bioconstruído, executado e xestionado, para que máis unha nova fornada de neníus </em><em>pequeníus poidan ser educad@s no modelo no que cren; o do respeto, o do ritmo de cada quen, o </em><em>da creatividade, o do novo enfoque social sen aillamento da realidade...; o modelo dos que cremos </em><em>no Pensa global, actúa local.“</em></p>
<p style="text-align: left;"> </p>
<p style="text-align: left;"><strong><span style="color: #800000;">Bicos</span>, <span style="color: #000080;">saúde</span>, <span style="color: #008000;">terra</span> e <span style="color: #800080;">liberdade</span>!</strong></p>
<div style="text-align: left;"> </div>
</body></html>