Ola, moi boas:

Volvemos escribirche cando xa levamos 30 días de campaña do proxecto escoliña de Vilar e despois de vivir experiencias que nos sitúan ante unha nova perspectiva. Neste tempo vivimos momentos de todo tipo. Primeiro o vértigo e a incertidumbre ante o que se nos viña enriba. Logo euforia ao ver que era posible materializar o noso soño. Despois viu a acumulación de traballo, as treboadas emocionais, os esgotamentos e a astenia primaveral. A un tempo que medraba o sentimento de responsabilidade hacia o proxecto e as persoas que dalgún xeito o fixestes voso.

Agora sabemos que nos queda moito e importante traballo por diante. Estamos moi perto de acadar o suficiente para ter un espazo dotado do mínimo: chans, fiestras, teito... Grazas a todas as que estades colaborando connosco e, máis concretamente, ás máis de 190 persoas que fixeron a súa achega económica.

 

Pero para que a escoliña conte co básico (calor, electricidade, auga quente, cociña, baño...)...

AÍNDA FALTAN 14.000€ MÁIS. SEGUIMOS A PRECISAR DA TÚA AXUDA.

A túa achega, por pequena que pareza, é moi importante.

 

Precisamos chegar máis e a máis xente. Precisamos que se coñeza mellor o proxecto, o seu contexto, a historia, os desexos e os soños, o valor das complicidades, das capacidades colectivas. É o tempo das colaboracións e contamos contigo para que nos axudes a motivar a máis xente.

No noso blogue queremos reflexar todas as vosas achegas que en forma de textos, videos, imaxes ou calqueira outra expresión nos fagades chegar. Anímate, exprésate dende a túa perspectiva cotiá.

Pretendemos incorporar a maior diversidade de visións, dende distintos eidos de reflexión e acción na procura dunha sociedade máis consciente e equitativa.

Sigue, complementa e interactúa co blogue.

Mestre Pipo xa nos mandou un precioso agasallo e aquí tes un extracto.

Dende Fornelos de Montes...

“Actualmente xa chegou a necesidade dun espazo educativo propio, non dependente, próximo, sito na súa propia realidade xeográfica e socio­ cultural que é galega, interxeneracional, por eles e elas ideado, bioconstruído, executado e xestionado, para que máis unha nova fornada de neníus pequeníus poidan ser educad@s no modelo no que cren; o do respeto, o do ritmo de cada quen, o da creatividade, o do novo enfoque social sen aillamento da realidade...; o modelo dos que cremos no Pensa global, actúa local.“

 

Bicos, saúde, terra e liberdade!