[Bah-general] Escoliña de Vilar - No camiño a acadar o óptimo!
Ola, moi boas: Volvemos escribirche cando XA LEVAMOS 30 DÍAS DE CAMPAÑA DO PROXECTO ESCOLIÑA DE VILAR [1] e despois de vivir experiencias que nos sitúan ante unha nova perspectiva. Neste tempo vivimos momentos de todo tipo. Primeiro o vértigo e a incertidumbre ante o que se nos viña enriba. Logo euforia ao ver que era posible materializar o noso soño. Despois viu a acumulación de traballo, as treboadas emocionais, os esgotamentos e a astenia primaveral. A un tempo que medraba o sentimento de responsabilidade hacia o proxecto e as persoas que dalgún xeito o fixestes voso. Agora sabemos que nos queda moito e importante traballo por diante. Estamos moi perto de acadar o suficiente para ter un espazo dotado do mínimo: chans, fiestras, teito... GRAZAS A TODAS AS QUE ESTADES COLABORANDO CONNOSCO e, máis concretamente, ás máis de 190 persoas que fixeron a súa achega económica. Pero para que a escoliña conte co básico (calor, electricidade, auga quente, cociña, baño...)... AÍNDA FALTAN 14.000€ MÁIS. SEGUIMOS A PRECISAR DA TÚA AXUDA [1]. A túa achega [2], por pequena que pareza, é MOI IMPORTANTE. PRECISAMOS CHEGAR MÁIS E A MÁIS XENTE. Precisamos que se coñeza mellor o proxecto, o seu contexto, a historia, os desexos e os soños, o valor das complicidades, das capacidades colectivas. É o tempo das colaboracións e contamos contigo para que nos axudes a motivar a máis xente. No noso blogue [3] queremos reflexar todas as vosas achegas que en forma de TEXTOS, VIDEOS, IMAXES OU CALQUEIRA OUTRA EXPRESIÓN nos fagades chegar. Anímate, exprésate dende a túa perspectiva cotiá. Pretendemos incorporar a maior diversidade de visións, dende distintos eidos de reflexión e acción na procura dunha sociedade máis consciente e equitativa. Sigue, complementa e interactúa co blogue [3]. Mestre Pipo xa nos mandou un precioso agasallo [4] e aquí tes un extracto. _Dende Fornelos de Montes..._ _"Actualmente xa chegou a necesidade dun espazo educativo propio, non dependente, próximo, sito __na súa propia realidade xeográfica e socio cultural que é galega, interxeneracional, por eles e elas __ideado, bioconstruído, executado e xestionado, para que máis unha nova fornada de neníus __pequeníus poidan ser educad@s no modelo no que cren; o do respeto, o do ritmo de cada quen, o __da creatividade, o do novo enfoque social sen aillamento da realidade...; o modelo dos que cremos __no Pensa global, actúa local."_ BICOS, SAÚDE, TERRA E LIBERDADE! Links: ------ [1] https://gl.goteo.org/project/escolina-de-vilar [2] https://gl.goteo.org/invest/escolina-de-vilar [3] https://creando.noblogs.org/blog/ [4] https://creando.noblogs.org/post/2016/04/11/dende-fornelos-de-montes/ _______________________________________________ Bah-general mailing list [email protected] https://lists.ourproject.org/cgi-bin/mailman/listinfo/bah-general
participants (1)
-
escolinhadevilar@riseup.net